Sunday 19 de May de 2024

Retirada dun poste caído e cables no lugar da Gandarela, no Concello de Lousame


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro interviñeron ao redor das 18:00 horas de onte, martes 7 de maio, na retirada dun poste e cables de corrente eléctrica que caeron sobre a estrada.

O poste caeu sobre un depósito de auga ocasionando danos no mesmo e que os cables que conectaba quedasen sobre as fincas anexas á vía, e unha parte a baixa altura sobre a mesma.

Os bombeiros procederon á retirada destes e ante a imposibilidade de elevar os cables que seguían conectados ao poste caído, e con corrente eléctrica, optouse pola súa sinalización para que sexan vistos polos automóbiles que transiten a vía.

Deja un comentario